segunda-feira, 16 de março de 2009

Em galego....

Aqui fica uma sugestão de leitura de um estudo que indica as raizes ibéricas dos primeiros povos célticos nas ilhas britânicas:

"Os celtas que colonizaron Gran Bretaña procedían de Galiza

A ciencia xenética veu a verificar a lenda de Ith. Que o fillo de Breogán entreviu Irlanda dende a torre de Hércules e deu lugar á súa posterior colonización podería ser algo máis que un mito, segundo os resultados dun estudo que analizou o ADN de 10.000 británicos e que apunta a que os celtas que se converteron na tribo dominante nas illas procedían da península Ibérica. Bryan Sykes, profesor de xenética humana na Universidade de Oxford, dirixiu o estudo e publica esta semana as súas conclusións no libro Blood of the isles. A súa teoría é que fai 6.000 anos estes habitantes da península desenvolveron embarcacións capaces de cruzar o océano e chegaron ás illas británicas. O territorio xa estaba habitado, pero estas persoas foron asimiladas nunha tribo celta maior.

Sykes explicou onte a este diario que os celtas chegados dende as costas peninsulares provirían do noroeste e o norte, «moito máis probable que do Mediterráneo». A pegada xenética máis común nos británicos leva a marca daqueles migradores; a continuación, as máis estendidas son as de tribos escandinavas. Isto significa que, ao contrario do que se pensaba, a orixe dos celtas británicos non se acha en Europa central, senón no noroeste da península Ibérica."


Vale a pena ler o artigo inteiro, em: celtiberia

Sem comentários:

Enviar um comentário